tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post3014669052033653344..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: No hagan más dañoLuis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-20019322794807850172020-06-01T15:17:01.106+02:002020-06-01T15:17:01.106+02:00Visto como se fai eu negaría a maior, creo que esa...Visto como se fai eu negaría a maior, creo que esa peonalización non vai ser boa nova para a zona.

1- Faise sen ter unha idea de como peonalizar o que queda do centro, onde Quiroga Ballesteros debería ser o último porque acceder a ela é necesario para tódolos usuarios que van en autobús, e para subministros de praceiros, supermercado e bares (que acceden por ela ata Armanya, que colapsan por falla de control e criterio).
2- Peonalízase Quiroga Ballesteros e non se resolve (ou non se di) se tamén se peonalizan outras rúas que non ten sentido que non o sexan aínda (o primeiro tramo de Amor Meilán, todo o fondo da Praza do Ferrol, ou Quiroga Ballesteros diante do colexio)
3- Tampouco se di como se resolverá o acceso para o necesario subministro de mercadorías, o acceso de residentes e persoas con problemas de mobilidade, nin si se fará na rúa unha parada de autobuses. Porque se se fai como cos bares de viños que os furgóns que lles subministra colapsan Armaya diante do Goberno Civil (en vez de aparcar en Luis Peña Novo), pois mal imos. Non serve de nada peonalizar se rematamos tendo a rúa chea de camións e coches igualmente. E peor aínda se non pode ir a xente en autobús.
4- Non queda claro como se resolve o tema do aparcamento; porque temos un detrás do Colexio Médico (o de terra) que se supón que ten os días contados (hai un plan para desenrolar esa zona que implica que desapareza, co que tampouco necesitariamos a circulación na r/ Montevideo nin en Bolaño Rivadeneira. Temos un no Anxel Fole que é ilegal dende fai décadas e que calquera día tamén o rematan pechando. e quedan dous en Santo Domingo e Pza. do Ferrol que se supón que sí seguiran abertos (pero con menos cabida se, por fin, se amplían as minúsculas prazas que teñen).

Se nos imos a quedar so cos aparcadoiros da Praza do Ferrol e Sto. domingo, se cadra non estaría tan mal deixar sen peonalizar totalmente (vía de uso compartido máximo a 20km/h) un acceso por San Fernando, baixar por Bolaño Rivadeineira, pasar por Quiroga Ballesteros e saír por Sto. Domingo e r/ do Teatro. Xa que cun so carril pasas polos aparcadoiros, subministras á praza e negocios de todo o centro, acceden residentes, e poderíase ampliar a r/ do Teatro (con beneficio para os negocios e residentes desa rúa)... Polo menos ata ter claro cómo se resolven accesos e subministros.

E por non falar de que esa obra vai custarnos así coma cinco ou seis veces máis do que outras equiparables, que vai ter a zona da praza cortada/colapsada e incómoda durante un ano e pico (o que lle faltaba!).
E dentro de nada tamén veremos como se semi-peonaliza a Ronda da Muralla, que ten pinta de que se vai facer do lado malo, pero esa é outra historia.

En definitiva, peonalizar sí, pero con criterio e idea de cidade, criterio eu non vexo que haxa, e idea de cidade non a houbo nunca.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com