tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post3281181866889309446..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: ¿Una segunda vida para nuestros aparatos?Luis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-43243771649685342622020-01-09T11:32:30.362+01:002020-01-09T11:32:30.362+01:00Estimado Luis...
Non querería ser eu quen che inf...Estimado Luis...

Non querería ser eu quen che informase de que o pasado día 30 cambiou o Código Técnico da Edificación, especialmente no seu documento básico sobre Aforro de Enerxía (DB-HE); de xeito que esa flamante nova caldeira que vos acaban de instalar ("maravillosa y más lista que un ajo") está posiblemente desfasada con respecto ás esixencias normativas actuais (para edificios novos e reformas importantes), así que non estaría de máis pensar xa nesa nova vida para a caldeira nova. ;-)

Con respecto ó tema da adaptación e reutilización, moitas veces é máis complicado do que semella e precisa de cálculos detallados.
Precisamente no tema das caldeiras, pode compensar cambiar unha vella de gasoil ou de gas por unha bomba de calor aire-auga se un fai o cálculo do gasto e o aforro co tempo; pero se un o repensa un pouco e mantén a caldeira vella pode que lle chegue con poñer unha bomba de calor máis pequena (e barata) que os días máis fríos do inverno non sexa suficiente e necesite da caldeira vella, que pasaría a ser unha sorte de reserva e apoio para funcionar dúas ou tres semanas ó ano. E incluso en ocasións, simplemente poñer uns bos termostatos e unha centralita de control aforra tanto coma cambiar a caldeira.
Porque a nova caldeira terá unha nova vida útil e se cadra está afectada pola maldita obsolescencia programada e ó final o aforro non é tanto.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com