tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post5365251052130357989..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: La (difícil) peatonalización de lo que queda por hacer del casco históricoLuis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-89466529620726745932022-02-25T09:49:12.549+01:002022-02-25T09:49:12.549+01:00Estimado Luís,
Unha opción que resolvería varios ...Estimado Luís,

Unha opción que resolvería varios problemas sería facer rodado un percorrido unidireccional que fose:
Entrada ó centro por San Fernando -> Praza do Ferrol -> Bolaño Rivadeneira -> Quiroga Ballesteros -> Santo Domingo -> Rúa do Teatro

Con iso teríamos acceso ós aparcadoiros da Pza do Ferrol e Sto. Domingo (e incluso ó "ilegal e consentido" de Ánxel Fole), un percorrido para as cargas e descargas da praza e de moitos negocios do centro e que permitiría tamén o acceso de autobuses e outros servizos. Podería complementarse, do lado exterior da muralla ca reconfiguración da rolda facendo un carril bici entre San Fernando e San Roque (por diante da Xunta) e vendo onde ten sentido ter un carril, dous ou ningún e ampliando a zona peonil diante dos edificios (non do lado da muralla por defecto).
Obviamente, o feito en Quiroga Ballesteros vai en contra dese criterio... pero eu alomenos teño un criterio.

E respecto a como deixar as rúas, creo que estamos dacordo en que cambiar o asfalto por pedra non chega para humanizar unha rúa; pero para solucionar esa carencia so necesitamos que alguén lea a Jan Gehl, que leva medio século amosando como facelo ben.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com