tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post7293143697810026410..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: ¿Podemos evitar los bulos de campaña?Luis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-28376732981966994332020-07-20T10:41:02.737+02:002020-07-20T10:41:02.737+02:00En serio cre vostede que dándolle aínda máis datos...En serio cre vostede que dándolle aínda máis datos persoais a Facebook ou calquera outra Rede ían a limitarse os bulos polo feito de estar identificado o propagador?
Eu non o creo; é máis, "case" podo demostralo! Porque exemplos non fallan.

Nestes tempos temos que vivimos temos propagadores de enganos, mentiras e manipulacións, perfectamente identificados:
Dentro da coñecida coma "prensa seria" hai medios que minten máis veces que as que din a verdade (Okdiario de Eduardo Inda; Periodista Digital, de Alfonso Rojo), medios claramente tendenciosos (de tendencia) coma La Razón, ABC, El Diario.es, Público, Antena 3, COPE, ou mesmo medios antes máis serios coma El País, El Mundo, La Voz de Galicia, El Progreso, etc.
Pero tamén temos perfectamente identificados a políticos que non contan a verdade nin no DNI; tamén perfectamente identificados e en tódolos partidos.
Incluso temos, perfectamente identificado a un presidente dos Estados Unidos de América, en exercicio, que non para de mentir.

E non creo que nin a Garda Civil nin ningunha Policía sexa capaz (ou valente dabondo) de ir contra todos eses porque teñan mentido, enganado ou manipulado.

Así que a solución é non crerse demasiado a naide, aplicar moito a navalla de Ockham, a retranca e ter claro que moitas veces a resposta ó ¿vostede quen vén sendo? que vostede lle permite a Facebook, xa a sabemos sen necesidade de saber o nome do que escribe (e minte).

Se cadra o que deberiamos e acostumar á xente a pensar por si mesma, pero iso custa esforzo, precisa de investir en ensinanza e crea votantes críticos e informados... dos que non lle interesan a case ningún político.
Pero esa é outra historia e, coma dicía Ende, debe ser contada noutra ocasión.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com