tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post8757175999086297851..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: El difícil equilibrio entre seguridad e intimidadLuis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-73376351063143030112022-05-25T10:34:05.375+02:002022-05-25T10:34:05.375+02:00Estimado Luís,
Aínda que supoño que nalgunha ocasi...Estimado Luís,
Aínda que supoño que nalgunha ocasión, ter unha cámara poida axudar en algo, os estudos o que indican é que ter máis cámaras non reduce aprezablemente os índices de delincuencia (en Londres, a cidade con máis cámaras por kilómetro cadrado do mundo estímase que serviron para esclarecer ó redor dun 3% dos delitos).
Pero si que hai medidas que axudan a reducir delitos e vandalismo, e ademais axudan ós cidadans no día a día:
- Mellorar a iluminación; o que beneficia a todos, tódolos días.
- Mellorar o deseño e disposición do mobiliario urbano. Outra mellora no día a día e para todos.
- Aumentar a presenza de policía nas rúas (andando, preferiblemente, ou en bici; non en coche pola zona peonil, como pasa en Lugo), que serve tanto como elemento disuasorio dos gamberros como de axuda ó cidadán.
- Reducir a altura das edificacións e aumentar a densidade e a vida comercial a tódalas horas nas rúas; xa que con máis ollos na rúa hai menos problemas.

Así pois, se cadra hai algún sitio onde ter unha cámara poida disuadir a alguén (aínda que a súa efectividade pode quedar en nada cunha simple carapucha ou unha gorra); pero eu agradecería máis que se tomasen outras medidas primeiro, ogallá especialmente a última que indico, que é a máis complicada pero a máis efectiva e con máis beneficios asociados.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com