Enlaces

viernes, 29 de abril de 2022

Nota de prensa del Mago Rafa


Hoy cedo el espacio de este blog a Rafa Pereira, al Mago Rafa, víctima de los manejos que, más allá de la política, hacen que por un probable amiguismo se le haya excluido de un festival aduciendo razones que no se sostienen y de las que hablaremos la próxima semana. Por ahora les dejo con su nota de prensa, que creo que es clara y directa.


Nota de prensa del Mago Rafa:

A orixe de LUGOMÁXICO, alá polo 2003, estivo no Colectivo Máxico Waldemar, un grupo de magos que conseguiron converter Lugo na Capital Mundial da Maxia. Foi o Concelleiro de Cultura de entón, quen tras comprobar o éxito que tiña o Mes dá Maxia que organizou, durante 3 anos, con recursos propios o Colectivo, ofreceu ao mesmo crear un Festival de Maxia por toda a cidade de Lugo.

Nos dous primeiros anos a produción correu a cargo da empresa Creacións Máxicas do Mago Antón e tanto Teto como eu, como diferentes magos do Colectivo axudamos na produción das 2 primeiras edicións.

Na terceira edición, o Mago Teto e eu creamos nosa propia productora ( Abracadabra Produccións) e comezamos a coproducir xunto con Creacións Máxicas o LUGOMÁXICO as 3 edicións seguintes (terceira, cuarta e quinta).

Durante estes anos xurdiron bastantes diferenzas entre as empresas e a forma de traballar de cada unha delas (non queremos entrar en detalles) pero terminou coa decisión tanto da entón Concellería de Cultura como do propio Colectivo Máxico Waldemar de que a empresa pertencente ao Mago Antón non tivese nada que ver nas futuras edicións de LUGOMÁXICO.

Ata este momento o LUGOMÁXICO pertencía ao Colectivo Máxico Waldemar.

Cando estabamos inmersos na Produción da sexta edición, xa a nosa empresa en solitario (Abracadabra Producións), ponse en contacto co Mago Antón para que nos ceda o dominio www.lugomaxico.com (páxina oficial ata entón do LUGOMÁXICO). Decide que non, e o Concello de Lugo rexistra a marca “ LUGOMAXICO. SEMANA INTERNACIONAL DE MAXIA EN LUGO” no rexistro de Marcas e Patentes, polo que o LUGOMÁXICO pasa a ser do Concello.

As seguintes edicións, ata a numero 12 (ano 2015) a empresa Abracadabra Producións produce en solitario o LUGOMÁXICO. Este ano, Teto e eu decidimos pechar “ Abracadabra Produccións” pero continuar producindo Festivais en conxunto e co mesmo equipo de produción. Da edición 13 (2016) á 18 (2021) a produción de LUGOMÁXICO correu a cargo do Mago Teto e Mago Rafa producións.

Nestes dous ultimos anos (2020 e 2021), como non fará falta lembrar, o Festival fíxose no medio dunha pandemia e cun orzamento moi inferior ás edicións anteriores. Aínda así se realizaron, cousa que agradecemos á Concellería de Cultura por deixarnos seguir traballando e mostrando que o Festival aínda cambiando de formato (debido ás restricións, aforos e redución de orzamento) podíase realizar dunha maneira segura e exitosa.

Chega o 2022, mes de xaneiro. Recibo unha chamada por parte dun asesor da Concellería de Cultura no que me convocan a unha reunión, e na que me adiantan que o que eles queren é que o Mago Antón e eu cheguemos a un acordo para coproducir a seguinte edición do LUGOMÁXICO.

Chega o día da reunión e no despacho están dous asesores da Concellería, o Mago Antón e eu. Dime un dos asesores que queren darlle unha volta ao LUGOMÁXICO e xa que as dúas caras visibles da Maxia en Lugo somos Antón e eu, que eles pretenden que cheguemos a un acordo e fagámolo xuntos. A miña resposta é inmediata, “nesta reunión falta Teto, que leva 18 anos traballando neste Festival” a resposta é: “Teto non é de Lugo. Estudiou fai tempo en Lugo pero non é de Lugo”. Respondo de novo que estou disposto a reunirme con Antón e falar.

Despois de aí, reunímonos en dúas ocasións, Antón, Teto e eu. Non chegamos a ningún acordo xa que as posicións son moi dispares e as experiencias anteriores traballando xuntos non axudaban.

Vou á Concellería para comunicarlles que non chegaramos a un acordo pero que eu estou en disposición de producir o LUGOMÁXICO en solitario ao que, un dos asesores que estaba na primeira reunión contéstame “ entón, apartaste?”, contesteille “Non, non me aparto, estou a dicir que eu teño dúas posibilidades, ou seguir facéndoo como ata o de agora co Mago Teto ou, senón queredes ao Mago Teto por non ser de Lugo estou disposto a facelo en solitario, é unha decisión que tedes que tomar vós”, contéstame: “ entón o fará el”.

Pregúntolle se me pode dar unha explicación de porqué elixírono a él e contéstame: “ non é por nada malo nin porque vos fixerades nada mal, non penses que é un castigo...que queres que che diga. De todos os xeitos falaremos con Antón para que conte contigo para actuar nesta edición”.

Así terminou un traballo ao que adicamos 18 anos. Para nós triste e penoso. Porque estamos seguros de que fixemos moito por este Festival, que colocamos o nome de LUGOMÁXICO en todo o mundo. LUGOMÁXICO considerouse por moitos profesionais da nosa Arte como un dos mellores Festivais de Europa.

Agora, cae nas nosas mans a Acta da Comisión de Cultura do Concello de Lugo (con data do 24 de marzo de 2022) na que se fala de LUGOMÁXICO, pero soamente das dúas últimas edicións xa que segundo palabras da Concelleira “ non vou dar datos do que eu non participei nin teño porque dálos”.

Está claro que as dúas ultimas edicións foron moi diferentes ás anteriores. Non podiamos ir actuar ás Escolas Infantís coma si facíamos ata entón (nenos de 0, 1 e 2 anos), non podiamos ir aos colexios, non podiamos ir a hospitais, asociacións, non podiamos actuar na rúa e si, lóxicamente o formato cambiou, pero mantívose o LUGOMAXICO que iso é o máis importante e, unha vez máis agradecemos.

No ano 2020 e 2021 debido á pandemia tívose que tomar rexistro de nome, apelidos e teléfono de cada espectador, esa foi unha das normas establecidas para un “ LUGOMÁXICO SEGURO” no 2020 tomáronse os datos de 774 persoas, e non 485 como dixo ela na comisión e no 2021 foron 1783 persoas e non 1275 como tamén dixo ela. A verdade é que non sabemos de onde sacou eses datos.

Non queremos que isto pareza unha "pataleta", somos conscientes que o LUGOMAXICO non nos pertence e que outras empresas pódeno facer. O que nos molestou son as formas e a falta de explicacións. Porque desta maneira o único que nos fixeron pensar é que a empresa do Mago Antón tiña que estar si ou si. Que a Teto era fácil botalo coa escusa de que " non é de Lugo" e que había que darlle unha volta porque había que "facela máis aberta á veciñanza" "pensando en que haxa ou facilítese o acceso ás persoas de distinto perfil,  dende  maiores a  nenos e nenas de toda a veciñanza"

Despois de ler todas estas declaracións da señora Concelleira de Cultura damos por feito que non coñece o LUGOMAXICO máis aló do 2020 ou que simplemente decidiu contestar o primeiro que se lle ocorreu. Se por algo se caracteriza o LUGOMAXICO é pola súa diversidade de perfís, sempre se cubriron os rangos de idade desde Escolas Infantís a Centros de Día, excepto no 2020 e no 2021 porque a pandemia prohibíunolo.

E por último, e para min o máis importante de todo, encantaríame que a Concelleira de Cultura retirase o de que eu me "retirei “ de producir o LUGOMAXICO e que explicase o de " nós queriamos contar con eles". Porque eu o único que non aceptei foi facelo co Mago Antón, e iso non quere dicir que eu me retirei de producir o LUGOMAXICO. ¿E como quería contar connosco se Teto xa estaba descartado na primeira reunión?

Cando un está nun sitio do que non se quere ir e quítano para poñer a outro no seu lugar, esa persoa non se retira voluntariamente, bótana.

Mago Rafa

Rafael Pereira Rodríguez

7 comentarios:

  1. cousas de magos do engaño......forza a magia vive en nos non con eles....

    ResponderEliminar
  2. Cualquier persona que sepa de magia sabrá que el mejor para llevar a cabo un evento de este estilo en Lugo es el Mago Antón, persona la cual, por si alguno se le ha olvidado ha puesto a nuestra ciudad en el punto de mira en este preciado sector. Gran profesional en diversas ramas, y reconocido a nivel mundial por los mejores magos del mundo. No entro en temas políticos, ni de intereses, hablo de cada quien como profesional, o es que también vais a negar esto? Y Teto y Rafa, deberían de ser los primeros en saberlo. Repito, no busco criticar ni posicionarme de ninguna parte sobre la gestión que se ha realizado, sino que solo digo algo que se os ha olvidado comentar ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un saludo Antón

      Eliminar
    2. Estoy de acuerdo con usted en que Antón es reconocido por muchos magos del mundo, pero no precisamente por su gestión o sus labores de producción, sino por sus ideas y creaciones.
      En el mundo de la magia y la producción también es conocido y no precisamente por sus logros. Muchas empresas que nada tienen que ver con la magia también lo conocen bien.
      Gran profesional en distintas ramas? Es algo más que mago?
      Todo festival que creó este hombre se lo cargó. El Lugomaxico su hubiera acabado también. Muy profesional, en ese sentido al menos no ha sido.

      Eliminar
  3. Creo que nos estamos escapando del tema principal. Nadie está discutiendo si el Mago Antón es el mejor o no lo es. Cada uno tendrá su opinión y todas son respetables.

    Si el señor o señora "tetoyrafa" (curioso y creativo nombre) cree que Antón es el mejor para llevar el evento me parece perfecto. Incluso si la Concejalía de Cultura lo cree también me parecería perfecto, pero es que no estamos hablando de eso. Aunque si quieres yo te doy mi opinión sobre eso.

    Estamos hablando de cómo se hicieron las cosas. El Festival no es nuestro, es del Ayuntamiento y puede decidir quién lo hace. Lo que a nosotros nos ha parecido mal es como nos han apartado a nosotros y las excusas que han puesto.

    El que decidan que lo haga otra empresa, me parece perfecto, lo que no nos ha gustado fue como lo han decidido, porque nos hace sospechar que es una cuestión de ideologías políticas y eso no lo entendemos porque no creemos que eso beneficie al LUGOMAXICO, y eso nos duele. No es tan difícil de entender, es que no tiene ningún sentido.

    Nada más.



    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vale, en eso coincido con usted Rafa, y comprendo su malestar, yo solo quería dar mi punto de vista, para mí Antón es un mago de 10, luego, como gestione sus empresas o sus ideologías, etc ya no puedo opinar porque sería hablar sin saber, lamento lo que le ha pasado y como ha pasado, animo!

      Eliminar
  4. Lo malo de dar voz a solo una parte es justamente eso que solo tenemos una versión, se está hablando de dinero público. Lugo no son 2 empresas que pueden optar a un contrato, en Lugo hay muchas empresas de espectáculos, eventos …. Y la contratación no debería limitarse a licitadores con pedigrí lucense, la contratación es pública y el que “siempre se ha hecho así” no debería ser un argumento válido. Un ruego es necesario; Luz y taquígrafo a toda esa contratación pasada y futura

    ResponderEliminar

Derecho a réplica:

Se admiten comentarios, sugerencias y críticas. Sólo se pide cierta dosis de ''sentidiño'' y cortesía.