tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post1647462858415737484..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: Reducción de actividadLuis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-88819591454298238922020-03-20T12:42:16.140+01:002020-03-20T12:42:16.140+01:00Na miña desinformada opinión; o peor é que me temo...Na miña desinformada opinión; o peor é que me temo que de non tomarse outras medidas, a avalancha de EREs non deixará de medrar.

Se os gobernantes tivesen actuado con decisión e valentía; ordenando o peche total durante 15 días (toda España, e tódalas empresas excepto agrogandeiras, sanitarias e transporte relacionado); para despois deses 15 días voltar á actividade nas comarcas sen ningún caso, en dúas semanas teriamos alomenos medio país funcionando con certa normalidade e acoutado o problema en zonas específicas (que seguirían pechadas) nas que ir recuperándo pouco a pouco a situación e establecendo confinamentos máis pequenos (en lugar de comarcas, concellos ou incluso parroquias); dun xeito semellante ó que fixeron en China. Pasariamos un par de meses malos en zonas densas e con moitos afectados (Madrid, Euskadi, parte de Cataluña, principalmente) pero o resto tería zonas puntuais con problemas e moitas con normalidade.

Con este peche de "sí, pero non de todo" que temos agora e que limita sobre todo o pequeno comercio e o ocio, pero dana a todo o demais sen confinar realmente á xente; andaremos con problemas durante polo menos un trimestre (ou dous), cada vez peor e ca ameaza do peche total máis adiante. E iso si que non o da aguantado a economía.

En fin, máis nos vale ter ánimos e sorte; porque líderes con sabiduría e decisión temos poucos.

E ánimos sobre todo ós traballadores da saúde e os servizos indispensables que seguen funcionando (recollida de lixo, supermercados e tendas de alimentación, farmacias, mantemento de subministros de luz, auga e combustible, garda civil, etc.) Deles sí nos podemos fiar.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com