tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post474588628321677860..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: Alma, Alcoa, la cumbre de Madrid, las pozas y el tren... Cinco ejemplos de lo contradictorios que somosLuis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-32520077661684653852019-12-17T10:29:23.508+01:002019-12-17T10:29:23.508+01:00Estimado Luis,
Pola parte que me afecta profesiona...Estimado Luis,
Pola parte que me afecta profesionalmente quería facer un par de reflexións adicionais sobre os dous últimos exemplos que sinalas.

O "Barrio Verde" que se proxecta, co edificio de estrutura de madeira, chorrocentas vivendas, etc. formúlase ademais dende unha óptica totalmente allea ó Urbanismo de Baixa Enerxía, xa que se proxecta creando unha nova zona urbana, afastada do resto da cidade, cunha comunicación que obrigará a utilizar o (contaminante) coche para relacionarse co resto da cidade, etc. E todo iso habendo case 20000 vivendas (en tódolos estados de conservación) valeiras, milleiros de metros de edificabilidade urbana consoliidada sen utilizar, e baleiros na trama urbana moito máis próximos ó centro que non obrigarían a crear un novo barrio a carón das Gándaras.
A falla de miras (e sospeito que os intereses por favorecer a determinados establecementos comerciais da periferia) provocan que unha iniciativa que podería ser moi interesante integrada na trama existente, se coloque nunha posición errónea. Iso si, seguindo a tradición urbanística en Lugo, que foi ir crecendo mentres se deixan abandonados os crecementos previos (Así se abandonou o Barrio Feijoo porque se fixo toda A Milagrosa, para esquecela ó facer Fontiñas, que se deixou á súa sorte para desenrolar Acea, na que non se tocou nada porque xa tíñamos Augas Ferreas e Catasol, que se abandoará por San Fiz e o "Barrio Verde", etc.)

Respecto da estación intermodal e do tren en Lugo. Contémplase un gasto de trinta millóns de euros (¡30 millóns!) nun edificio, que se non se melloran os servizos usarían 5 trens diarios por sentido e unhas ducia de autobuses; cando por eses cartos (fixen o cálculo) poderían mercarse (non alugar, mercar) dous trens novos de cercanías e poñelos a circular con 14 frecuencias diarias (un tren cada media hora aproximadamente) facendo unha rede de cercanías que unise dende Begonte a Sarria, pasando por tódolos polígonos industriais da zona (que son 7), ¡totalmente gratis durante tres anos! (que digo eu que por venda de billetes e transporte de paquetes entre os polígonos algo se podería sacar) iso si que axudaría ó ferrocarril en Lugo máis que un edificio baleiro.
Por non falar de outras cousas que se poderían facer con 30 millóns de euros (O Museo da Romanización en San Fernando + o Parador no Fogar de Santa María + o Colexio na UI5 + etc.)

En fin, o de sempre en Lugo, foguetes de artificio ca pólvora do Rey... Pero esa pólvora a pagamos nos e non sacamos beneficio.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com