tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post6669142190278080613..comments2024-03-21T07:44:13.066+01:00Comments on Historias desde Lugo: ¿Por qué poner las bañeras gigantes junto al Miño?Luis Latorre Realhttp://www.blogger.com/profile/09736389905881060297noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1133626871837889542.post-21066305014794077062020-01-02T11:25:23.029+01:002020-01-02T11:25:23.029+01:00Estimado Luis,
Creo que postos a unir disparates, ...Estimado Luis,
Creo que postos a unir disparates, non hai mellor sitio para esas bañeiras que o Cuartel de San Fernando: está céntrico, poderían usarse todo o ano, gastariamos menos en calefacción... e así teríamos unha proposta máis para ese edificio (a sumar ás de Parador, colexio, auditorio e Museo)
Outra opción sería utilizar o MIHL para enchelo de auga (simplemente con apagar as bombas de achique uns días xa teriamos auga dabondo) e bañarnos alí: está preto das piscinas e zonas de deporte co que complementaría ben a oferta, o edificio contedor xa está feito,... e seguro que tería máis usuarios que visitantes ten agora o museo.

Pero a min o que máis me chama a atención disto non é todo o que acertadamente comentas de que sendo de auga da traída se poden facer en calquera sitio, que de ecolóxico non teñen nada ou que xa temos o Balneario. O que me chama a atención é que ese proxecto (a carón do Miño) tería que ter aprobación da Confederación; entón... ¿Non damos obtido unha para ter unha praia fluvial no Miño e para iso si?
Por favor que mo expliquen, porque unha praia fluvial seguro que ten máis demanda, sae moito máis barato, é infinitamente máis ecolóxica e sostible e é tamén un proxecto deses que levan décadas reclamándose e que nunca chegan.Anxo Sánchezhttp://www.anxo.orgnoreply@blogger.com