viernes, 28 de diciembre de 2018

O BNG de Lugo ficha a Luis Latorre para a súa lista das municipais

Tras alcanzar el acuerdo. Foto: BNG
O candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, pechou un acordo esta semana co presidente da Asociación Lugo Monumental, Luis Latorre, para incorporalo na súa candidatura.

Arroxo amosouse moi satisfeito con este logro apuntando que se deu despois dun traballo de meses para poder confluír nunhas liñas programáticas “tivemos que ser moi aperturistas nalgúns puntos, pero entendemos que é polo ben de Lugo, e estou totalmente convencido de que Luis será un magnífico concelleiro dentro do equipo de goberno que xa estamos conformando”.

Luis Latorre, pola súa banda, recoñeceu que pode ser un paso non moi doado de entender pola súa traxectoria pero lembrou que “llevo años poniendo a la ciudad de Pontevedra como ejemplo de una fantástica organización municipal. Quizás este es el momento de probar ese modelo en Lugo. La esfera local ha de estar más allá de ideologías y ser práctica y a día de hoy solo Rubén Arroxo puede hacer posible que nuestra ciudad salga de su letargo”. Ademáis, lembrou dada a súa visión puramente lucensista, “el localismo no es sino una versión extrema del nacionalismo”. 

Rubén Arroxo quixo adiantar que algunhas destas propostas poden soar polémicas, pero cren que acabarán funcionando “cremos que é importantísimo dinamizar o noso casco histórico, por iso unha das nosas propostas estrelas será a de deseñar un novo estadio para o CD Lugo entre Murallas, posiblemente nos terreos que se atopan entre a rúa do Progreso e a propia Muralla, evitando así tamén o frío que se pasa ao carón do Miño no Anxo Carro, ademais permitirá que haxa unha zona especial de graderío para poder ver a segunda división dende o propio patrimonio da humanidade, algo único no mundo” Pero non só o Lugo tería presenza na zona histórica, senón que tamén o CB Breogán “o pavillón que se atopa xunto á Deputación, o coñecido popularmente como pavillón da OJE pasará a ser arranxado, e a nosa idea é cedelo para os adestramentos do Breogán, a cambio de que calquera persoa poida xogar algún 3x3 contra os xogadores do Breo nunha pista de basket que colocaremos en San Marcos”.

Neste programa tamén houbo apuntamentos para dinamizar o entorno do Miño “para o noso río temos dous proxectos que van ser espectaculares, por un lado un curso de vela, co fin de poder sacar en Lugo algún deportista que poida chegar incluso á Sailing World Cup e por outra banda a instalación dun pequeno submarino específico para río nos puntos de máis calado que permita atraer turismo e ensinarlle o mexillón de río ou as diferentes algas fluviais que temos na nosa cidade”.

Obviamente...


3 comentarios:

Derecho a réplica:

Se admiten comentarios, sugerencias y críticas. Sólo se pide cierta dosis de ''sentidiño'' y cortesía.