| María Reigosa en el Ayuntamiento. Foto: La Voz de Galicia |
Querido y amable lector:
Como en otras ocasiones, hoy les traigo un escrito que no es mío, sino que es un comunicado emitido ayer por la concejala no adscrita, María Reigosa. Ella es la pieza clave de todo lo que está pasando y que, previsiblemente, culminará hoy con la moción de censura que hará alcaldesa a Elena Candia.
Mañana opinaré, pero hoy simplemente quiero trasladarles este comunicado porque creo que es muy aclaratorio.
Muchas gracias.
Comunicado de María Reigosa:
Tomei esta decisión desde a responsabilidade, desde a reflexión e desde a convicción sincera de que Lugo necesita recuperar estabilidade, confianza institucional e unha forma de gobernar máis útil para a cidadanía. Creo nun Concello centrado en resolver os problemas reais do día a día, en coidar os servizos básicos e en ofrecer un municipio con planificación a medio e longo prazo, con máis futuro e máis oportunidades para todos os lucenses.
Incorporeime ao goberno municipal co ánimo de sumar, de reforzar a acción de goberno e de achegar a miña experiencia e o meu perfil técnico, como enxeñeira de camiños, canais e portos, ao servizo do municipio de Lugo. Pero, co paso do tempo, fun comprobando formas de funcionamento, dentro do actual goberno do PSOE e do BNG, coas que non me sentía cómoda nin identificada; dinámicas que considero afastadas da maneira rigorosa e responsable coa que entendo a xestión pública.
Os problemas de coordinación interna, as diferenzas arredor de determinados expedientes e as facturas con reparos ou responsabilidades administrativas acabaron evidenciando para min algo máis profundo que simples discrepancias políticas ou persoais. Dinme conta de que Lugo necesitaba outra maneira de gobernar: máis organizada, máis transparente e máis centrada en solucionar os problemas dos lucenses.
Cando unha concelleira, como me ocorreu a min en distintas ocasións, manifesta dúbidas diante de determinados expedientes, o razoable nunha administración sería revisar, aclarar, informar e actuar con total transparencia e seguridade xurídica. Porque gobernar non consiste en trasladar problemas a outro, nin en buscar quen asuma determinadas firmas. Gobernar significa asumir responsabilidades e afrontar os problemas conforme á legalidade e ao interese público. Por iso considero especialmente preocupante que se normalicen determinadas prácticas ou fórmulas destinadas a evitar responsabilidades políticas ou administrativas. As institucións non poden funcionar desde a improvisación nin desde os atallos.
Outra cuestión coa que tampouco me sentín identificada foi esa tendencia constante a buscar culpables ou a alimentar a confrontación con outras administracións cada vez que xurdía un problema. Creo sinceramente que a cidadanía espera dos seus responsables públicos diálogo, colaboración e solucións, non conflitos permanentes.
Estou convencida de que Lugo necesita abrir unha nova etapa baseada no diálogo, na estabilidade, no rigor e nun funcionamento institucional máis serio e transparente. Creo que os lucenses precisan recuperar a confianza na política útil, na capacidade de entendemento e nunha forma de gobernar centrada en resolver os problemas reais da veciñanza. Nese sentido, confío na responsabilidade, na capacidade de diálogo e no proxecto que lidera Elena Candia para impulsar ese cambio que Lugo necesita.
Quero tamén explicar que a miña implicación na política municipal nace exclusivamente do compromiso coa cidade de Lugo e da vontade de achegar a miña experiencia profesional e o meu coñecemento técnico ao servizo da veciñanza. Son funcionaria A1 dun Ministerio e, polo tanto, a miña traxectoria profesional é allea á política, unha actividade que sempre entendín como unha forma de contribuír, desde a responsabilidade e o servizo público, a mellorar os servizos municipais e o día a día dos lucenses.
Remato cunha reflexión: a política non pode converterse nun espazo de odio nin de presión persoal contra quen pensa diferente ou toma decisións plenamente lexítimas; e, moito menos, desde posicións que deberían representar, precisamente, o respecto, a igualdade e a convivencia democrática.
La impresión de una persona muy ajena a comidillas, basado tal vez en la información de la prensa, me lleva a pensar que el actual gobierno, hasta dentro de unas horas, son en realidad dos gobiernos. Cuestiones que cada uno de los dos asociados resuelven por sí y para sí. Tampoco tengo gran esperanza en el que será dentro de unas horas. Ya siento,
ResponderEliminarComo se ve en su comunicado la Sr Reigosa solo pretende blanquear la situación y demuestra un total desconocimiento del significado de las palabras.
ResponderEliminarLo más curioso es que el proyecto de Candia le parezca ilusionante…supongo que este no ha variado con respecto al programa electoral que presentó en el 23, y con el que evidentemente ella no estaba de acuerdo por lo menos a grandes rasgos, ya que formó parte de una lista con ideología totalmente contraria.
Es impresionante lo rápido que cambian algunos de ideas, mi abuelo decía que con la edad lo lógico es que uno se hiciese conservador, a la Sr. Reigosa esto le ha pasado en meses, escasos 6 meses, ella sabrá por qué , desde luego desde fuera todo parece que no hay nada de ideología y mucho de intereses particulares.
También espero que estos mismos principios la guíen este año, y actue en consecuencia ante situaciones parecidas…reparos de intervención, proliferación de contratos menores, Etc….es decir que vote en conciencia y con responsabilidad, y cuando esto pase vote en contra de pagos de facturas con reparos, de expedientes sin todos los requisitos formales y de decisiones arbitriarias sin fundamento en el interés general