jueves, 14 de marzo de 2024

La carta

Los árboles talados en el centro, que ahora nos enteramos de que no fue por enfermedad sino porque "lo ponía el proyecto"... o lo que es lo mismo, porque les dio la gana
 

Hace unos días el concejal de "transición ecológica" (lo que antes se llamaba medio ambiente) remitió a los vecinos del casco histórico una carta en que reconocía que el Ayuntamiento faltó a la verdad cuando justificó la tala de los árboles de Montevideo aduciendo una enfermedad de los mismos.

Para evitar interpretaciones y dado que esta carta ya fue publicada en medios de comunicación (concretamente en La Voz de Galicia), les adjunto el texto íntegro de la misma y ustedes juzguen y saquen sus conclusiones.


Benquerida veciñanza do Barrio Centro de Lugo,

Quería trasladarvos a miña máis sincera desculpa por toda a confusión que xurdiu no relativo á conservación/talla de árbores na Rúa Montevideo.

Andes de nada, gustaríame sinalar que o malentendido naceu da miña vontade real de colaboración e atención ás demandas que o voso colectivo trasladou ao Concello, de maneira que o pasado mes de novembro, fun instado a manter un encontro cos/coas representantes da Asociación para escoitar as inquedanzas que tiñades sobre o mantemento dos exemplares que se atopan na devandita rúa.

Esta xornada, como sabedes, acompañado polo xefe do Servizo de Parques e Xardíns, outros responsables das obras, eu mesmo, como concelleiro da Área de Transición Ecolóxica, realicei unha inspección ao arboredo e acordamos, analizar se, como a priori nos parecía, era posible conservar algunha unidade. Coa miña mellor intención asinei un compromiso verbal que, lamentablemente non puiden cumprir, pero non foi por falla de vontade política e moito menos por deslealdade con vós. Dado que unha vez trasladada a intención ao coordinador das obras, este nos comunicou a imposibilidade de levalo a cabo, só pena de poñer en risco a percepción dos fondos europeos acadados, extremo do que non tiñamos constancia. E foi el quen, en días posteriores, cursou a orde de proceder á tala en cumprimento do recollido no proxecto.

Sei o moito que valorades as zonas verdes que posúe a contorna, así como a conservación dos exemplares que habitan nela e, precisamente por iso, quero remitirvos por escrito coas correspondentes aclaracións, lamentando moito o sucedido e poñéndome, unha vez máis, á vosa disposición para todo aquelo que consideredes oportuno.

Un saúdo,

Miguel Fernández Méndez

Tenente de Alcaldesa da Área de Transición Ecolóxica

2 comentarios:

  1. O de "poñerse á vosa disposición" queda moi ben, pero que tal sería se en vez de poñerse agora que xa non hai volta atrás, fixera o traballo para o que os veciños de Lugo lle pagamos e evitara a tala das árbores? Agora mesmo, o que debería de facer e dimitir, sinceramente, por este suceso, para min, gravísimo.

    Por certo, penso que esas árbores eran sóforas xaponesas (coma as da praza Maior que dan sombra aos bancos en frente das terrazas), unha especie moi difícil de atopar en Galicia (as 6 da praza Maior son o único conxunto de máis de tres en toda a comunidade).

    PD: talan árbores centenarias para plantar outras que nin dan sombra nin embelecen tanto as rúas. Caso similar o ocorrido no aparcamento da avenida Breogán promovido pola Xunta: cortáronnas para agora, segundo o proxecto, comprar (e engrosar o orzamento, dito sexa de paso) e plantar novos "paos" que para que cumplan a función que exercían as anteriores terán que pasar 50 anos. De vergoña.

    ResponderEliminar
  2. La redacción premiosa y confusa responde a no haber manera de defenderse; ya emocionante resulta lo de 'firmar' ("asinar) un compromiso verbal"; e inenarrable lo de "tenente de (¿la?) alcaldesa": quien varón o mujer 'tenga' 'sea tenedor' o 'teniente' de las funciones de alcalde, será 'teniente (tenente) de alcalde' o 'de alcaldía', en todo caso. Vivir para ver !

    ResponderEliminar

Derecho a réplica:

Se admiten comentarios, sugerencias y críticas. Sólo se pide cierta dosis de ''sentidiño'' y cortesía.