Quienes me leen habitualmente saben que el deporte no es lo mío. Mi simpatía por el EMEVÉ y el Breogán es por cuestiones familiares y de amistad, pero francamente no veo partidos de ningún deporte porque nunca me ha gustado. Es la explicación de que este blog apenas hable de ese tema.
Sin embargo hoy no puedo hacer oídos sordos a los comunicados que, relacionados con el fútbol de base, han publicado por un lado una serie de equipos de la ciudad (no he logrado echar mano del listado, les ruego que me disculpen, si lo encuentro lo añadiré) y por otro la respuesta del ACD A Piringalla y Gimnástica Lucense.
No juzgo quién tiene o no razón porque no tengo ni idea del tema, sólo les doy difusión a ambos comunicados (en orden de publicación) para que ustedes decidan.
Comunicado 1:
Os clubes asinantes deste comunicado —tras o publicado o pasado mes de xufio coincidindo co final da tempada 2024-2025— queremos trasladar á opinión publica, Federación e Institucións a nosa postura sobre a situación actual no fútbol base capitalino
1.- Un problema que afecta ao equilibrio do fútbol base lucense:
Nas dúas últimas fins de semana, coincidindo co inicio das competicións de fútbol-8, os nosos clubes decidimos non presentar os equipos nos encontros fronte á ACD A Piringalla e a Gimnástica Lucense. Esta decisión, difícil e excepcional, tomouse en defensa do equilibrio competitivo que sempre reinou na cidade e que esta en serio perigo nun futuro próximo de manterse a situación actual. En ningún suposto foi contra ningún neno ou nena nin contra as súas familias.
Pedimos sinceras desculpas aos xogadores e as familias afectadas, así como aos adestradores e ao colectivo arbitral, porque non son eles os responsables desta situación.
Esta é provocada pola postura e decisión adoptadas por D. José Luis Agra Sánchez, coma máximo responsable dos clubes mencionados.
2.- O diálogo foi forecido e rexeitado:
0 pasado 13 de outubro, convidouse formalmente ao máximo responsable da ACD A Piringalla e á Gimnástica Lucense a participar nunha reunión conxunta entre todos os clubes da Cidade de Lugo, para abordar esta problemática e buscar un acordo que garantise igualdade, sustentabilidade e convivencia deportiva.
A pesar de aceptar inicialmente, o mencionado dirixente rexeitou finalmente acudir, manifestando que “non tiña nada do que falar”. Este feito confirma a falta de vontade de diálogo, mentres os demais clubs seguimos abertos a buscar solucións que beneficien o conxunto do fútbol lucense.
3.- O crecemento desmedido non é sinónimo de éxito:
Ninguén cuestiona o dereito das familias a escoller libremente onde xogan os seus fillos. Pero cando esa liberdade se converte nunha captación constante e sistemática a través de 12 ANPAS de colexios da cidade e dunha empresa privada (Eduka Galicia CB), estamos ante unha situación de desequilibrio evidente que altera a esencia do fútbol base.
O crecemento non é un problema en si mesmo; o problema é o modo en que se produce.
A concentración de xogadores en dous clubes, que nesta tempada 2025-2026 suman 22 equipos de fitbol-8 - un 33% dos equipos da cidade -, impide que outras entidades poidan seguir formando nenos e nenas con estabilidade. Iso non é competencia deportiva, é desequilibrio estrutural.
4.- Un modelo que se afasta da ética e da cooperación:
Desde hai anos, Piringalla e Gimnástica Lucense actúan na practica como un mesmo proxecto. Esta relación, aínda que non recoñecida federativamente, tradúcese nunha posición de dominio que afecta a diversidade e á convivencia entre clubes.
Os asinantes deste comunicado non pretendemos limitar nin prohibir o crecemento de ninguén, senón preservar un modelo sostible, cooperativo e equitativo, no que todos teñamos espazo e oportunidades. Non se trata de envexa nin de intereses particulares, senón de defender o ben común do fútbol base lucense.
5.- Responsabilidade, transparencia e respecto:
Nos últimos anos, moios clubes cedemos en múltiples ocasións: en cambios de horarios, en repartición de instalacións, en situacións competitivas e mesmo ante aliñacións indebidas. Que seguen sendo unha constante xornada tras xornada coma unha máis realizada onte mesmo, ao alinear xogadores en distintas categorías nun mesmo dia, algo que non está permitido, e que esta vez terá reclamación federativa. Aínda así, confiamos en manter a cordialidade e a colaboración ante todas estas irregularidades e adversidades.
Malia iso, comprobamos que a resposta foi sempre un maior acaparamento de xogadores e espazos, sen reciprocidade nin espírito de cooperación. Ademais, é un feito contrastable que motos xogadores destes dous clubes non estiveron dados de alta na Federación Galega de Fútbol durante semanas de adestramento, o que supón un risco evidente ao carecer de seguro deportivo. Isto non é unha acusación, senón unha chamada á responsabilidade e á protección dos menores.
6.- Compromiso cos valores do deporte:
Os clubes asinantes levamos décadas traballando polo fútbol base da cidade, moitos deles mais de 25 anos de historia e esforzo continuado. Defendemos a igualdade, o respecto, a educación e o espírito formativo, e non aceptaremos que un modelo baseado na concentración e na falta de diálogo se impoña sobre o traballo de tantas persoas e entidades.
Queremos un fútbol lucense plural, xusto e cooperativo, no que todos teñamos cabida.
Non buscamos confrontación, pero tampouco imos aceptar prácticas que poñan en risco o equilibrio construído durante tantos anos.
O FUTBOL DE LUGO FAISE ENTRE TODOS
E por iso, seguiremos defendendo, con firmeza e respecto, un modelo de deporte de base sostible e igualitario, onde o crecemento de uns non supoña o afundimento dos demais.
Comunicado 2:
Comunicado da ACD A Piringalla e Gimnástica Lucense
Ante o comunicado publicado recentemente por varios clubes de fútbol base da cidade de Lugo, no que se nos acusa de prácticas supostamente desleais e dun crecemento “desmedido”, desde ACD A Pirignalla e Asociación Gimnástica Lucense queremos expresar o seguinte:
1. Rexeitamos totalmente as acusacións de monopolio ou captación irregular. E rotundamente falso que exista ningún tipo de monopolio nin unha captación “constante” ou “desproporcionada” de xogadores e xogadoras. Non entendemos que é un crecemento desmedido segundo algúns clubes, cando fai uns (anos) eles tiñan mais ou menos os mesmos equipos.
O único motivo polo que moitas familias elixen inscribir aos seus fillos nos nosos clubs é porque confían no noso proxecto deportivo, educativo e organizativo.
Non se pode criminalizar o feito de que uns clubes sexan mais demandados simplemente por ofrecer un traballo serio, estruturado e con resultados recoñecidos. Iso é competencia deportiva, non captación indebida. Algúns clubes o que deberían facer e traballar en prol do deporte lucense, e preguntarse por que moitas familias non elixen o seu proxecto deportivo. E moi fácil culpar aos demais de maneira gratuíta e non traballar para construír unha realidade deportiva mellor.
2. En anos anteriores os chamados clubes da capital tiñan a maior parte dos equipos participantes tanto de fútbol 8 como de fútbol 11. Pero neses momentos non puxeron ningún problema para a competición nin se preocupaban dos clubs que tiñan menos equipos que eles. É máis, algún club histórico da cidade deixou de ter categorías de base de fútbol 8 e ningún destes clubs se preocupou nin da competición nin de si era bo para o fútbol lucense. Todo estaba ben, xa que eles tiñan a maioría dos equipos en competición.
Curiosamente os equipos que tiñamos menos equipos nunca puxemos problemas para competir ou xogar, xa que é o que temos que facer si participamos nas ligas da Federación Galega de Fútbol. E tamén moi curioso e significativo que nesta tempada en fútbol 11 todos eses clubs si compitan cos nosos equipos; En fútbol 11 quizais como teñen máis equipos que ACD Piringalla non existe ningún problema nin de fichas e equipos; aquí non poñen problemas de ningún tipo, ¿curioso verdade?
3. Queremos manifestar que cumprimos escrupulosamente coa normativa federativa, e si están a incumprir os clubes que non se presentan a xogar sen ningún motivo xustificado someténdose a sancións tanto deportivas como económicas por dito feito.
4. Defendemos a liberdade das familias. O fútbol base pertence aos nenas/os e as estas familias, non aos clubes. Cada nai e pai ten dereito a escoller libremente onde quere que o seu fillo se forme deportiva e persoalmente. Pretender limitar esa liberdade mediante acordos ou presións externas é contrario aos valores do deporte e a igualdade de oportunidades que todos defendemos. Parece que estes clubs queren limitar a capacidade de elección dos pais/nais sobre onde xogar/facer deporte os seus fillos e queren decidir polas familias onde teñen que xogar as nenas/os o fútbol. As nais e pais son os que elixen ter os seus fillos/as tanto na ACD Pringalla ou Gimnástica lucense como noutros clubes da provincia.
5. O noso crecemento baséase no enorme traballo, moitísimo esforzo, dedicación e compromiso de moita xente e non na absorción como din estes clubs. 0 aumento de equipos e xogadores é consecuencia directa de anos de esforzo de moita xente implicada nos nosos proxectos construídos por directivos, coordinadores, entrenadores, delegados e sobre todo nais e pais que grazas a súa axuda, fan cada ano mellores clubs para os seus fillos en todos os aspectos. Mil grazas a todos eles.
Participamos activamente na organización de competicións con asociacións de todo tipo para integración social, colaboramos coas institucións e fomentamos o respecto e o compañeirismo entre clubs. Non buscamos eliminar a ninguén, senón seguir contribuíndo ao desenvolvemento do fútbol e deporte en xeral lucense con responsabilidade e seriedade. O traballo que facemos en distintas institucións poderían tamén facelo estes clubs da capital, pero e fácil queixarse do que fan outros.
6. Chamamento á responsabilidade e ao dialogo. Lamentamos profundamente que algúns clubs recorran á confrontación publica e á desinformación en lugar de promover o dialogo construtivo. Seguimos abertos a falar, pero sempre dende a verdade, o respecto, e a legalidade, non desde o ataque ou a presión mediática. O fútbol base de Lugo debe ser un espazo de formación, non de división. Quen queira mellorar o futuro do deporte na nosa cidade atopara nos nosos clubes disposición e colaboración, pero nunca aceptación ante falsidades nin campañas que poñan en dúbida gratuitamente o noso traballo.
Agradecemos profundamente o apoio das nosas familias e lamentamos os prexuízos que esta situacion allea aos nosos clubes lles poida ocasionar.
Queremos deixar constancia que esas falsidades, mentiras e persecución sen medida dos nosos clubes por parte doutras entidades deportivas, desprestixiando anos de traballo, esforzo e dedicación de moita xente, e estamos a considerar e valorar tomar accións xudiciais o respecto.
Asinado. Asociación Gimnastica Lucense
Hasta aquí ambos comunicados. Ahora decidan ustedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Derecho a réplica:
Se admiten comentarios, sugerencias y críticas. Sólo se pide cierta dosis de ''sentidiño''; y cortesía.