jueves, 15 de febrero de 2024

Las visiones de José de Cora y Julio Giz sobre Xesús Mato

Xesús Mato. Foto: Galicia Xa

Hoy me he tomado la libertad de "robar" dos publicaciones, una de José de Cora y otra de Julio Giz, a quienes les cedo el espacio de este blog para recoger sus escritos sobre Xesús Mato, que falleció hace un par de días y a quien tanto se le debe.

No me veo capaz de escribir nada que siquiera se acerque a lo que han reflejado estos dos grandes narradores, así que les dejo con ellos:


José de Cora:

Xesús Mato, un home contra os agoreiros

O crego de Paradela funda Fuxan os Ventos, crea Auxilia e asiste ao nacemento de Radio Popular en Lalín e Lugo

Á XENTE COMO o cura Xesús Mato Mato (Paradela, 1932), que ten todo un libro de homenaxe no que cen-amigos-cen falan del, resulta imposible sacarlles unha anécdota orixinal. O del chámase Mato sono io…, e foi coordinado por Xulio Xiz. Tiramos a anécdota do seu título.

Conta Mero nel que estando en Roma, o crego se retrasa uns minutos, polo que algún do grupo comeza a preguntar onde está Mato. Como matto en italiano é tolo, os romanos pensan que falta un viaxeiro que está mal da cabeza, ata que aparece e di: Mato sono io…

O seu berce é Cabo de Vila, na parroquia de San Martiño de Castro. Fillo de labregos e neto dun mestre de ferrado que cobra en gran os coñecementos que imparte.

Alí vai a escola desde os 5 anos cos seus seis irmáns e dalí marcha para seguir estudos no Seminario de Lugo, do ano 1946 ao 1958. Conta que rompe a ler na etiqueta dunha botella de viño reconstituínte Sansón. Se cadra o primeiro que Mato le nesta vida foi: “Sansón es una bebida singular, suave, dulce, aromática y muy versátil”.

Logo, ata 1967, é coadxutor en Lalín, cando se fai técnico de radiodifusión y redactor en Madrid. Créase a COPE e él será o encargado de facer a emisora de Lalín por encargo do bispo Ona de Echave.

Como Mato é como é, en Lalín crea tamén unha polifónica e un grupo de teatro. Logo volve a Lugo para ser o home da igrexa en Radio Popular. Ofrécenlle a dirección, pero prefire manterse á marxe desa responsabilidade.

En 1983, chega o seu nomeamento para varias parroquias do Cebreiro e O Courel _ Liñares, Hospital da Condesa, Padornela, Fonfría e Teixeira _, e unha morea de actividades, algunhas xa iniciadas, no ensino, na música, no estudo, no galego, na acción pastoral e no xornalismo, entre elas, unha prolongada colaboración nas páxinas dominicais de El Progreso.

Vive en primeira persoa a chegada do galego á liturxia e no ano 1968 dá os primeiros pasos do que será a súa obra máis coñecida, a fundación do grupo Fuxan os Ventos, co gallo dos concursos de panxoliñas da Sección Femenina, a través do colexios Santísimo Sacramento, feminino, e Eijo Garay masculino. “Un Nadal _ conta no seu día a Sabela Corbelle _, convidei aos rapaces que viñesen cantar coas pequenas. Cantáronse panxoliñas en galego e tamén en castelán e de aí saíu Fuxan e tamén o espectáculo Galicia canta ao neno, en 1972”.

Dúas cancións do grupo _ Fuxan os Ventos e Mencer _, son obra do fundador. A mili de Mini e Mero interrompe a actividade musical, pero logo virán O tequeletequele, Galicia canta ao neno, Sementeira e Quen a soubera cantar, Saraibas…

En paralelo hai outro Mato dedicado ao apostolado e á creación de Auxilia no ano 1970, a favor dos discapacitados físicos que tivo unha gran trascendencia e da que será o seu primeiro coordinador. “Cambioulle a vida a moita xente que, ata daquela, vivía condenada a quedar nas casas”.

Así mesmo é coautor dos libros Galicia canta ó Neno e Por un Lugo sen barreiras. Entre outros, recibe os premios e distincións de Lucense do ano (1991), V Premio Moncho Valcarce (1998), de Cultura Tradicional de María Castaña y de xornalismo no Nadal de Begonte (2009).

Na última etapa, Mato coida de dúas irmáns maiores que viven en Portomarín, onde comezara a súa preparación para o Seminario. O concello de Paradela noméao Fillo Predilecto en 2005 e o de Portomarín prepara unha distinción similar.

No ano 2018 chega a concesión da Medalla Castelao, que recoñece todo o labor desenvolvido.


Julio Giz:

Mato, meu irmán maior

Non teño irmáns, pero coido ter idea cabal do que significan na vida de calquera persoa. E cando onte me preguntaron que era para min Xesús Mato dixen que era como meu irmán maior.

Non digo “irmán máis vello”, porque Mato nunca foi vello, nin  aos 91 anos, porque tiña esa viveza moza, esa picardía natural, esa inocencia consciente, esa grandeza incontible. E hoxe teño que despedir ao irmán; irmán non por vínculo familiar, si por identidade humana, polo que me ten ensinado sen palabras; pola amizade, polo exemplo, polo amor á terra e ás xente… polos cincuenta e cinco anos de identidade amiga. Irmán compartido con centos, milleiros, de beneficiados polo seu ser e facer.

Vímonos por ultima vez o domingo pola mañá que, sen poder falar, estaba especialmente expresivo. Ángel, o sobriño que o acompañaba, díxome que pola mañá dixera misa por señas e entón, ao despedirme, díxenlle: "xa que misaches, agora que me vou de viaxe, ben me podes dar a bendición". Bendeciume sorrindo baixo a mascariña que lle facilitaba a respiración.

Era un varón santo que cando se lle mencionaba calquera acción que tiña realizado no campo da cultura, do social, da música, dos “minus” que el transformou en “válidos”, tiña unha sóa resposta: É porque son cura, e a un cura nada humano lle pode ser alleo.

Entregounos a vida a todos, estivo ao dispor de todos. Ensinounos a camiñar pola vida, mirando ao futuro, transformando o presente. Quedamos orfos, pero non hai quen nos quite o vivido con el. Dise que quen sofre a perda dun membro sente, ás veces, a dor nese membro. A min, que non tiven irmáns físicos, dóeme ese irmán maior que sempre botarei en falta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Derecho a réplica:

Se admiten comentarios, sugerencias y críticas. Sólo se pide cierta dosis de ''sentidiño'' y cortesía.