| Don Xesús Alonso Montero, mestre en moitos sentidos |
O propuxo oficialmente a nosa anterior alcaldesa, a tristemente falecida Paula Alvarellos, e este sábado concretarase o nomeamento de Xesús Alonso Montero como fillo adoptivo da cidade de Lugo xunto co represariado doutor Rafel de Vega. A iniciativa do nomeamento de Alonso Montero foi dun grupo de antigos alumnos do Lucus Augusti (“o masculino” para os amigos), que décadas despois de deixar as aulas seguen a recordar ao seu mestre con cariño e respecto.
Tamén deu clase en Maxisterio, e unha das persoas ás que ensinou foi a miña nai, que lembra ao seu profesor coma un loitador polo galego e por Galicia.
Alonso Montero é catedrático de Literatura Galega e foi membro da Real Academia Galega, ente que presidiu durante catro anos. Premio Juan Fernández Latorre de xornalismo en 1995, Premio en defensa dos Dereitos Humanos en 2000, Premio da Cultura Galega das Letras en 2019, Premio Laxeiro en 2022, Premio da Memoria Democrática 2023, Presidente do Foro pola Memoria Republicana de Galicia, membro das fundacións Otero Pedrayo e Rosalía de Castro... Una longa e extensa biografía de loita polas súas ideas galeguistas e de defensa das persoas dende a súa perspectiva vinculada ao comunismo.
Publicou en galego durante a ditadura de Franco (coordinador do libro “O porvir da lingua galega”, de 1968; “O que compre saber da lingua galega”, de 1969 entre outros), e foi represariado polo franquismo. A súa tremenda produción intelectual, que non reproduzo aquí por brevidade pero que poden consultar na súa biografía da Real Academia Galega, fíxolle e faille merecedor de moitas homenaxes.
Pero o de mañá é diferente. A Alonso Montero non só se lle distingue pola súa labor coma pensador ou estudoso das letras, senón que se lle outorga o título de “fillo adoptivo da cidade de Lugo” pola súa etapa na cidade, da que sempre fala con agarimo, coma todas as persoas que o azar ou a profesión trouxo á nosa cidade durante uns anos.
Con esta biografía, coa súa incansable loita polo galego e por Galicia, a vinculación con Lugo e as ideas de esquerdas, ¿por que motivo o BNG votou contra Xesús Alonso Montero coma fillo adoptivo de Lugo? Non ten a menor lóxica, e no pleno de febreiro deste ano ocorreu o impensable: PP e PSOE avalaron cos seus votos o nomeamento dun destacado galeguista e o Bloque Nacionalista Galego se opuxo.
O pecado orixinal de Alonso Montero para o BNG e que é comunista. Resulta chocante que o Bloque, que conta co a UPG entre os partidos fundadores e maioritarios e que se describe coma agrupación de ideoloxía comunista, rexeite a Don Xesús por ese motivo, pero a explicación é coñecer o que significa o comunismo na súa vertente internacionalista.
O comunismo “de verdade” é internacionalista e, por definición, ao considerar que a loita de clases é global. De feito considera o nacionalismo coma un invento da burguesía. Non podemos esquecer que o nacemento do comunismo coma teoría e o seu auxe coma forma política ven de finais do século XIX e principios do XX, cando Europa era un taboleiro de xadrez de monarquías que foron fracasando e decaendo en ditaduras coma a italiana ou a nazi.
Aínda que moitas veces se fai unha simplificación pensando que o nacionalismo é de esquerdas, isto non só non é certo, senón que son conceptos totalmente contraditorios en esencia, pero é algo que se pasa por alto porque esixe certa reflexión.
Pero todo isto non ten a menor importancia. O BNG asinou acordos co partido comunista cubano sen problema algún. A explicación ten que ser outra.
A realidade é que o BNG non perdoa a Alonso Montero que o intelectual afee ao BNG a súa forma de “defender” o galego. Don Xesús dixo que “se hai unha formación política que está comprometida a fondo coa lingua galega é o Bloque”, pero logo engadiu que “o BNG é como esas nais que queren moito aos nenos pequenos, que os apretan tanto que os abafan”, polo que o BNG lle chamou “españolista extremista”. Manda carallo (o bo de facer este artigo en galego é que podo meter unha expresión tan gráfica no texto).
Non é só una frase, é unha forma de entender a promoción do galego. Para o BNG o camiño é a imposición e a ameaza, coma fixo na súa etapa do bipartito en que pretendían que aos restaurantes que non tiñan a carga en galego se lles baixara de categoría. Para Alonso Montero a senda é a da pedagoxía e a persuasión, crear agarimo pola lingua, non impoñela. Penso que Don Xesús ten razón, e por iso, en modestísima homenaxe a el, este artigo é hoxe en galego.
Alonso Montero é, segundo as súas palabras, “un galego en España”. Non considera o rexionalismo e a loita pola cultura galega como unha loita contra España, igual que, coma bo comunista, entende que as fronteiras son artificiais (iso o deberíamos entender todos, penso) e o nacionalismo unha creación discutible. Ese é o seu pecado de raíz para que o BNG, contra toda lóxica, vote contra o seu recoñecemento nesta cidade.
Tamén é certo que ese voto tróuxolles un problema interno de primeira orde, que tentan tapar con diferente tácticas que, polo de agora, no están resultando moi ben. Eles mesmos. Veremos se mañá aplauden a Alonso Montero e tentan reparar o seu inconcibible erro.
Alonso Montero é un comunista de verdade, é un galeguista de verdade, e, ao marxe da súa ideoloxía política, merece ser fillo adoptivo de Lugo de verdade.
Estimado Luís;
ResponderEliminarNon teño nada que obxectar ó seu artigo de hoxe; está moi ben reivindicar a xente coma Alonso Montero e lembrarlle á xente que é ser galeguista, nacionalista, internacionalista... Pero sobre todo anímolle a que non sexa este o último artigo en galego no seu blog.
(E si, a súa casa as súas regras; pero fíxome unha pequena ilusión lelo hoxe en galego)
Grazas Anxo.
EliminarNon escribo habitualmente en galego porque a miña lingua materna é o castelán, pero penso que Don Xesús merecía esta modesta homenaxe. Non é a primeira vez, pero é certo que son moi contadas as ocasións en que publiquei en galego.
Quén sabe, ao mellor o fago costume... ocasional ;)
EU voy facer o mismo esforzó. Deixar a miña reseña en galego. Costame utilizar o galego. Mais na escrita que na fala. Como alumna de D. Xesus gardo un fermoso recordo. A verdade e que foi a persoa que, coa sua cercanía, e a sua maneira de tratarnos,,. Puxo a semente do amor pola Terra galega. Con el viaxei por primeira vez o "extranxeiro", sendo Unha "mirmixa", pensando que xa éramos adultos. Emocionanme os recordos que evoco e que supoño, sentirán monitos compañeiros de estudios. Lamentó que este escrito adoleza de brillantez no estilo, mais confío que podía recordar o meu sentimiento de gratitude.
ResponderEliminarUnha aperta, en esta mistura, e oxala, que disfrute monitos anos do título. Aquel neno, das Chavolas, país de Emilito, Cuchuchus e Sarita que foron tan xenerosos, de permitirnos roubarlles un anaco do seu tempo, para que unha aprendiz de mestra souvera o que el amor pola Terra dos seus ancestros..