jueves, 19 de noviembre de 2026

A chuvia dá a razón. Os pinchos dan a resposta (Carlos Sánchez-Montaña)

A choiva demostra moitas cousas

Hoxe traigo un artigo moi breve que nin é de Lugo nin é meu, senón que o "roubei" ao arquitecto Carlos Sánchez-Montaña sobre o "escándalo" dos pinchos en Santiago de Compostela. Pois nin escándalo nin rabo de gaita, parece que os famosos "horrores" non son tales, senón algo plenamente operativo.

Déixolles con Sánchez-Montaña:

Hoxe chove con forza en Compostela. E a propia Catedral ofrece unha lección de arquitectura: os seus pichos metálicos lanzan a auga das cubertas, afastándoa dos muros para protexer a pedra.

Xusto enfronte, na mesma praza do Obradoiro, os pichos das gárgolas do Hostal dos Reis Católicos convertéronse en motivo de escándalo.

Resulta paradoxal condenar nunha fachada o que na de enfronte forma parte da tradición construtiva da cidade.

Outra cousa é discutir a medida, a proporción ou a execución. Pero non confundamos o principio coa súa solución concreta.

Compostela é a cidade dos pichos. Unha identidade nacida da chuvia, da pedra e da mestría dos seus construtores.

Ás veces, para comprender a arquitectura, abonda con esperar a que chova.

Carlos Sánchez-Montaña 

1 comentario:

  1. Unha solución pode ser técnicamente boa e estéticamente impresentable (como o de sodomizar gárgolas)
    Nesa situación é onde se comproba a sensibilidade artística (ademais da pericia técnica) do proxectista.

    ResponderEliminar

Derecho a réplica:

Se admiten comentarios, sugerencias y críticas. Sólo se pide cierta dosis de sentidiño y cortesía.

Los comentarios anónimos sólo los publicaré si los considero apropiados y, siendo directos, si me da la gana. Mi blog, mis normas.